miércoles, 6 de mayo de 2020

EDUCACIÓN EMOCIONAL: PREVENCIÓN CONTRA O ACOSO ESCOLAR

O pasado 2 de maio foi o día internacional contra o acoso escolar, un grave problema que afecta a millóns de escolares en todo o mundo. 
A Educación Emocional é unha forma de prevención primaria dos problemas de convivencia, e entre eles o acoso escolar. 
O Equipo de Conduta de Granada fixo un traballo excelente elaborando unha serie de cadernos con actividades deseñadas para toda a familia, que sen dúbida vos axudarán no desenvovemento emocional dos vosos fillos e fillas e, por conseguinte,  axudará na prevención  do acoso escolar xa que, segundo Rafael Bisquerra "unha persoa que se sinte ben, non ten necesidade de facerlle mal a ninguén ".
                                     
                                     
                     
                   
Dende o noso centro, tanto a Educación Emocional coma o Acoso Escolar, son temáticas que nos preocupan, e polo tanto, que traballamos, tamén dende a casa. A continuación podedes ver algúns dos traballos realizados:

Por un lado, o Equipo de Biblioteca, elaborou esta estupenda proposta en contra do Acoso Escolar:

Por outro lado, os nenos e nenas do terceiro ciclo, traballaron as emocións a través desta fantástica actividade elaborada pola mestra Nerea. 
    
                             
E ses queredes seguir traballando sobre esta temática, podedes acceder a esta recopilación feita por unha compañeira e que recolle curtametraxes, películas, cancións, documentais ou guías para o traballo contra o acoso escolar. Para utilizalo, ten en conta o código de cores que ela preparou e que amosamos a continuación:

 
Moitas grazas polo teu traballo Jenni!