lunes, 23 de marzo de 2020

APRENDEMOS NA CASA

A CRTVG está a emitir pola súa segunda canle, a G2, un bloque de programación educativa. Este bloque emitirase mentres os centros educativos permanezan pechados, de luns a venres entre as 11:00 e as 13:00 horas. Premendo na imaxe podedes acceder a todos os programas emitidos:

A RTVE en colaboración co Ministerio de Educación, emite 5 horas diarias de contidos educativos para nenos e nenas de 6 a 16 anos.

YO ME QUEDO EN CASA APRENDIENDO CON NEURONUP ACADEMY

Dende Neuronup Academy, queren axudar a que os profesionais da neurorrehabilitación amplíen os seus coñecementos a través de formacións gratuítas que están real izando nestes días de corentena. Premendo na imaxe accederás á canle de YouTube da Academia NeuronUp onde está colgadas as formacións xa realizadas.


MÓVETE NA CASA

Como sabedes a práctica de actividade física é fundamental para a nosa saúde, e en tempos de confinamento non podemos esquecela. Para iso, déixovos a continuación algunhas propostas para que moverse en familia na casa:

viernes, 20 de marzo de 2020

ENCONTROS NEUROEDUCACIÓN

A Rede Iberoamericana de Neurociencias cognitivas organiza un ciclo de encontros gratuítos co obxectivo de acompañar aos docentes neste momento no que todos debemos coidarnos mutuamente.
Para inscribirte, tes que enviar un email a info@fhneurociencia.org
Si desexas ver o cronograma das videoconferencias, o tema a tratar en cada unha delas e o ponente, preme na imaxe.


CARTAS ANÓNIMAS PARA OS ENFERMOS DE COVID-19


A Dra. Cristina Marín tivo unha iniciativa solidaria segundo a que solicita CARTAS AOS ENFERMOS INGRESADOS EN HOSPITAIS!!! 😅👏👏👏

Pide  cartas de todos nós, nenos e adultos, para que poidan entregarlle cada día a cada persona ingresada unha carta de apoio de alguén que lle conte cousas, lle de ánimos e non se sintan tan illados.

Animádevos a escribir unha en familia! 😊

As direccións de e-mail ás que podedes remitir as cartas a día18 de marzo son:

- Hospital de la Paz: unidosenlacuarentena@gmail.com
- Hospital Universitario Severo Ochoa: juntoscontraelcovid@gmail.com, venceremos.covid19@gmail.com
- Hospital Ramón y Cajal:covidryc@gmail.com
- Hospital Clínico San Carlos:apoyoclinicosancarlos@gmail.com
- Hospital Universitario Fundación Alcorcón:cartashospitalalcorcon@gmail.com
- Hospital General Universitario Gregorio Marañón:apoyocovid.hgugm@gmail.com

EFECTOS PSICOLÓXICOS DO CONFINAMENTO EN NENOS E NENAS


O neuropsicólogo, escritor de libros como "El cerebro del niño explicado a los padres" (que podedes solicitar no noso centro despois do remate da corentena), publicou nestes días un interesante artigo onde explica algunhas medidas básicas, pero importantes para axudar aos nenos durante este proceso. 

CONTOS PARA EXPLICAR O CORONA VIRUS A NENOS E NENAS