martes, 28 de abril de 2020

E SEGUIMOS CON MÁIS FORMACIÓN NA CASA...

A verdade é que non paramos, e continuamos formándonos cada día desta corentena. Aproveito este espazo para agradecer os esforzos das institucións, asociacións e colectivos que o fan posible.  Nesta ocasión comparto con vós dúas interesantísimas propostas formativas. Moito ánimo e adiante!!

https://www.innovaedum.com/ 


 https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSeJiz6iWFA_PpNfoU22NrgvhAvRUjEIZkSfyfXL94T6KWX8kA/viewform






viernes, 24 de abril de 2020

PENSA NA CASA

Nesta situación de confinamento ademáis de exercitar o noso corpo (ver entrada "Móvete na casa") tamén é bo exercitar a nosa mente. Nesta entrada vou deixarvos algunhas propostas para darlle ao "coco" en familia.
https://view.genial.ly/5c8d532a2682f97220850c70/presentation-retos

Atréveste  pasar un bo rato con estes retos? Fíxate ben en todos os detalles!👀😀

martes, 21 de abril de 2020

RECURSOS PARA DAR CLASE A DISTANCIA

Nesta entrada hai unha selección de recursos e ferramentas educativas on line que poden resultarvos útiles:
https://view.genial.ly/5c76a68f5d0e4e575e1df04e/interactive-content-banco-de-recursos-compartidos

Happy Learning é unha plataforma educativa cunha canle de vídeos na que docentes, alumnado e familias poden atopar contidos audiovisuais que reforcen as explicacións da aula. 

lunes, 20 de abril de 2020

TU ACTITUD EN LO QUE SUCEDE, INFLUYE EN LO QUE TE SUCEDE

Esta es la frase que Leandro Fernández Macho repitió constantemente en la conferencia on line gratuita que ofreció el pasado jueves dentro del programa "Actitud Top" que está llevando a cabo AFundación para seguir aprendiendo sin salir de casa. Este programa consta de 9 sesiones de entrenamiento on line en directo los jueves de 19:00 a 21:00 h. Os quiero invitar a través de esta entrada a que os apuntéis al programa, y que aunque ya haya comenzado todavía permite altas nuevas. Haz click en la imagen y apúntate!

Si lo preferís, podéis ver su contenido aquí.

domingo, 19 de abril de 2020

ACTIVIDADES PARA FACER NA CASA COS NENOS E NENAS


Nesta entrada lanzamos ideas que podedes facer cos nenos e nenas na casa:

Gústache a MAXIA? Pois nos seguintes vídeos podedes aprender algúns trucos para deixar coa boca aberta a máis de un:

jueves, 16 de abril de 2020

COMO SOBREVIVIR Á CORENTENA E AO TDAH

Nestes tempos difíciles para todos e todas quero compartir unha serie estratexias ou pautas que poden axudar a esas familias que, ademais de ter que superar a corentena, teñen tamén o reto de superar as dificultades propias do TDAH (exceso de enerxía acumulada, as dificultades de atención, escasa autonomía, problemas coa xestión do tempo...).

martes, 14 de abril de 2020

LEMOS NA CASA

Si o que queres é gozar da lectura dun libro ou película podes acceder a máis de 4500 obras, 300 contidos audiovisuais e 31 revistas na plataforma de préstamo de obras en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas. Segue as instrucións que aparecen no seguinte vídeo:

GUÍA DE RECURSOS TIC



FORMACIÓN ABERTA PARA PROFESORADO EN PLATEGA

O CAFI pon a disposición do profesorado en PLATEGA unha serie de cursos de formación on line, que polo seu contido poden servir de axuda no desenvolvemento do traballo docente. Entre outros, ofertan cursos sobre a aula invertida, uso didáctico das aplicacións móbiles ou como sacarlle partido á aula Abalar.
Preme na imaxe para recibir máis información e inscribirte:

miércoles, 8 de abril de 2020

SEMINARIOS ONLINE GRATUITOS DE INTEGRATEK

Dende Integratek ofertan durante esta cuarentena os seguintes seminarios. Preme nas imaxes si desexas realizar a inscrición.



viernes, 3 de abril de 2020

TELÉFONO DE APOIO Á POBLACIÓN AFECTADA POR COVID19

Co propósito de desenvolver un sistema de apoio e atención psicolóxica, o Ministerio de Sanidade e o Consello Xeral de psicólogos, activaron un servizo de atención psicolóxica para familiares de enfermos ou falecidos polo coronavirus, profesionais con intervención directa na xestión da pandemia e para a poboación en xeral que o precise. Este servizo está dirixido a xestionar o estrés e a situación de malestar derivadas das distintas realidades que esta pandemia está xerando. 
Este tipo de prestacións asistenciais realízase a través de 3 números de teléfono diferentes dirixidos aos 3 grupos de poboación específicos:
  • 91 700 79 89 para familiares de persoas enfermas ou falecidas como consecuencia do coronavirus.
  • 91 700 79 90 para profesionais con inervención directa na xestión da pandemia, como persoal sanitario, Forzas de Seguridade do Estado ou Policía Local, entre outros.
  • 91 700 79 88 para a poboación xeral con dificultades derivadas do estado de alerta. 
O horario de funcionamento é de 09:00 a 20:00, todos os días da semana. Podedes ampliar a información no seguinte enlace.

https://www.mscbs.gob.es/gabinete/notasPrensa.do?id=4833

Xa na nosa comunidade, a Xunta e o Colexio de Psicólogos de Galicia suscribiron un convenio para ofrecer un servizo gratuito de atención psicolóxica para axudar a superar as consecuencias do confinamento como ansiedade ou estrés. Os que precisen facer uso deste servizo, poden chamar ao 112 que estará operativo as 24 horas do día mentras se manteña o estado de alarma. Para ampliar a información, premede no seguinte enlace: