Nesta entrada lanzamos ideas que podedes facer cos nenos e nenas na casa:
Gústache a MAXIA? Pois nos seguintes vídeos podedes aprender algúns trucos para deixar coa boca aberta a máis de un:
Escape Room virtual!: Adventuresinclass e Educiona presentan este Scape Room para disfrutar en familia. Colle un ordenador ou tablet, xunta á túa familia, adéntrate na misión e ... a xogar!
Alumnos do 2º curso do grado de mestres de Educación primaria, elaboraron estes fantásticos libros para que os nenos e nenas poidan experimentar na casa e tomar contacto coa ciencia:
Na web de aulas galegas atopamos este xogo elaborado por Amalia P. Otero. Unha maneira estupenda de xogar en familia e moverse pola casa (faise exercicio tamén). Perfecto para familias con cativos!
Si o que preferides son os xogos tradicionais, premede na seguinte imaxe para ver os que se poden realizar na casa:
En Neurosinergy Health, elaboraron este banco de recursos para nenos e nenas valentes. Nel podedes atopar, dende trucos para chamar á calma, ferramentas para xestionar as nosas emocións, ou manualidades, receitas, contos, xogos...Unha marabilla que sen dúbida nos pode axudar neste tempo💪💪
Dende FEAFES elaboraron esta estupenda batería de propostas de ocio de todo tipo para facer durante a cuarentena:
Máis propostas:
No hay comentarios:
Publicar un comentario