martes, 21 de abril de 2020

RECURSOS PARA DAR CLASE A DISTANCIA

Nesta entrada hai unha selección de recursos e ferramentas educativas on line que poden resultarvos útiles:
https://view.genial.ly/5c76a68f5d0e4e575e1df04e/interactive-content-banco-de-recursos-compartidos

Happy Learning é unha plataforma educativa cunha canle de vídeos na que docentes, alumnado e familias poden atopar contidos audiovisuais que reforcen as explicacións da aula. 


Un profesor é unha web de educación onde podes atopar vídeos de clases de primaria e secundaria que poden axudar aos nenos e nenas na aprendizaxe dos contidos educativos.
La eduteca é un blog educativo creado por Óscar Alonso que conta con infinidade de recursos de gran calidade que, sen dúbida, poden ser de utilidade para mestres e mestras. 


Khan Academy é unha organización eductiva sen ánimo de lucro creado por Salman Khan coa finalidade de crear unha educación gratuita para calquera persoa, en calquera lugar. 


APCI LAB plataforma con vídeos e xogos que ten como obxectivo reforzar os coñecementos de matemáticas e ciencias con material interactivo.


Aulas galegas é un portal educativo realizado por profesoras e profesores que nace para axudar o alumnado, as familias e o resto de profesorado a atopar recursos e materiais educativos en galego.

Liveworksheets é unha plataforma que permite transformas as fichas tradicionais (.doc, .pdf, jpg ...) en exercicios interactivos autocorrexibles, que se chaman "fichas interactivas"



Na páxina de Mariano Moreno Sanz hai un completo repositorio de actividades para todos os cursos da primaria nas áreas de lingua castelá, matemáticas,  ciencias, inglés, plástica, música e incluso actividades para nenos e nenas de infantil.





Para acceder aos contidos preme na imaxe e unha vez na páxina, fai click co teu rato nas tres liñas que aparecen na parte superior esquerda e baixa co cursor.







 Cristic.com ofrece máis de 500 xogos on line  gratuítos  organizados por cursos e materias e dirixidos ao alumnado dende os 3 ata os 12 anos.




Recursos didácticos e xogos infantís educativos para nenos e nenas entre 3 e 12 anos.

Nesta plataforma pódense buscar, crear ou editar máis de 85000 recursos educativos e para a aprendizaxe. Están organizados por áreas de coñecemento, tipo de recurso ou contextos educativos.




É un programa de software para axudar aos docentes a crear e publicar contidos didácticos para soportes informáticos sen necesidade de coñecementos en linguaxes de programación.






Banco de imaxes, vídeos, ilustracións e audios organizados por categorías para a súa utilización libre no contexto educativo. Trátase dun recurso moi útil á hora de atopar contidos audiovisuais para enriquecer as nosas clases.



Plataforma de información educativa que recompila investigacións, informacións e recursos producidos en España no ámbito da educación.

Rede educativa escolar na que a comunidade educativa pode atopar e compartir recursos educativos para aprender e ensinar mellor.


Plataforma educativa que recompila ferramentas e recursos educativos para utilizar dentro e fóra da aula.



A Editorial La Calesa publicou cuadernos en aberto para intentar axudar. Traen matemáticas ABN, Lingua Castelá, ortografía e expresión escrita para os seis cursos de EP. Preme no debuxo para consultar os contidos




Por outro lado, deixo un listado de iniciativas de Apps españolas que ofrecen gratis os seus contidos Premium para axudar a que os nenos continúen aprendendo dende casa.

Academons Primaria: App de Homeschooling está ofrecendo 30 días de acceso gratis a todo o seu catálogo de xogos de Matemáticas, Lingua castelá, Inglés e Ciencias.



Smartick: esta App malagueña está ofreciendo acceso 15 días gratis á súa App para repasar as matemáticas.


 AMCO: Acceso aos xogos de Mate e Lingua castelá da súa App Eduzland gratis por un tempo limitado 


Smile and Learn: esta App para os máis pequenos da casa ofrece acceso gratuito durante un mes ao seu catálogo de xogos interactivos. 

Cerebriti Edu: ofrece  máis de 50.000 juegos de Primaria e Secundaria gratis ata final de curso



CODE é unha plataforma que permite que os nenos e nenas comecen a súa aprendizaxe sobre as ciencias da computación. Está organizados por cursos e idades para que os nenos aprendan a programar.


No hay comentarios:

Publicar un comentario