viernes, 3 de abril de 2020

TELÉFONO DE APOIO Á POBLACIÓN AFECTADA POR COVID19

Co propósito de desenvolver un sistema de apoio e atención psicolóxica, o Ministerio de Sanidade e o Consello Xeral de psicólogos, activaron un servizo de atención psicolóxica para familiares de enfermos ou falecidos polo coronavirus, profesionais con intervención directa na xestión da pandemia e para a poboación en xeral que o precise. Este servizo está dirixido a xestionar o estrés e a situación de malestar derivadas das distintas realidades que esta pandemia está xerando. 
Este tipo de prestacións asistenciais realízase a través de 3 números de teléfono diferentes dirixidos aos 3 grupos de poboación específicos:
  • 91 700 79 89 para familiares de persoas enfermas ou falecidas como consecuencia do coronavirus.
  • 91 700 79 90 para profesionais con inervención directa na xestión da pandemia, como persoal sanitario, Forzas de Seguridade do Estado ou Policía Local, entre outros.
  • 91 700 79 88 para a poboación xeral con dificultades derivadas do estado de alerta. 
O horario de funcionamento é de 09:00 a 20:00, todos os días da semana. Podedes ampliar a información no seguinte enlace.

https://www.mscbs.gob.es/gabinete/notasPrensa.do?id=4833

Xa na nosa comunidade, a Xunta e o Colexio de Psicólogos de Galicia suscribiron un convenio para ofrecer un servizo gratuito de atención psicolóxica para axudar a superar as consecuencias do confinamento como ansiedade ou estrés. Os que precisen facer uso deste servizo, poden chamar ao 112 que estará operativo as 24 horas do día mentras se manteña o estado de alarma. Para ampliar a información, premede no seguinte enlace:

No hay comentarios:

Publicar un comentario